Os deportes na Universidade de Vigo

Dispoñemos dun completo e extenso repertorio de opcións para persoas abonadas e usuarias puntuais das instalacións deportivas.

As persoas abonadas ou cunha entrada puntual multideporte poderán gozar en cada campus de diversas actividades dirixidas de carácter gratuíto. Fitness express, ioga, defensa persoal, pilates, artes marciais, crosstraining... e unha ampla oferta a elixir.

O noso espírito é achegar á comunidade universitaria modalidades deportivas que non sempre tiveron ao seu alcance co obxectivo de introducir hábitos deportivos saudables afastados das tradicionais prácticas de deporte competitivo.

Organizamos un amplo abano de actividades no medio natural, dende as do programa Augaventura no medio acuático aos deportes extremos de aventura no programa Delecer.

Programamos rutas a pé por toda a xeografía galega. Sendeirismo, natureza e cultura para camiñar e aprender gozando.

As persoas da comunidade universitaria teñen a oportunidade de practicar deporte no ámbito federado, ben nalgún dos equipos propios da Universidade de Vigo ou ben a través dalgunha das entidades coas que existe un convenio de colaboración. 

Soamente por pertencer á Uvigo tes ao teu alcance unha morea de centros deportivos que ofrecen prezos reducidos e ofertas especiais ás persoas da nosa comunidade universitaria.

 

E lembra ademais que, por facer deporte na Universidade, podes obter un recoñecemento académico e a validación de ata 6 créditos ECTS no teu expediente. Consulta a información daquelas actividades que dan dereito a validación no seguinte enlace: recoñecemento de créditos ECTS por actividades de Extensión Universitaria.

Para máis información, podes contactar coa Sección de Extensión Universitaria:

Campus de Vigo
+34 986 813 626
extension@uvigo.es

Campus de Ourense
+34 988 387 102
asc-ou@uvigo.es

Campus de Pontevedra
+34 986 801 949
+34 986 801 955
asc-po@uvigo.es

Folleto Augaventura Outono 2018.pdf8.38 MB