Ser mUVer compensa

A continuación contámosche de que beneficios poderás gozar se te convertes en mUVer

 

Como estudante da UVigo tes a posibilidade de representar a universidade de varias maneiras. Participa na sección deportiva federada, xoga nas competicións interuniversitarias ou consulta as entidades coas que temos acordo de colaboración.

Na Universidade de Vigo consideramos que a práctica deportiva é esencial para complementar a túa formación. Ofrecemos unha variedade de actividades, escolas deportivas e rutas culturais que poderás validar por horas ETCS. Se prefires a competitividade, a participación en competicións federadas ou interuniversitarias tamén pode ser validada.

recoñecemento de créditos

Se es deportista de elite e compites no ámbito nacional, na máxima categoría da túa modalidade ou nunha similar, podes apuntarte ao noso rexistro de deportistas de elite para ter unha serie de dereitos que facilitarán a conciliación dos teus estudos coa túa práctica deportiva.

Entre estes dereitos están:

  • Elección do horario para compatibilizalo coa práctica deportiva.
  • Xustificación de faltas por adestramentos ou competicións.
  • Recoñecemento de ata 6 créditos ECTS.
  • E moito máis!

Máis información

Na Área de Benestar, Saúde e Deporte estamos agardando as túas propostas e suxestións. Existen varios medios polos que podes participar na Área e facer que pertenza un pouco máis ao corpo de estudantes.

A Universidade de Vigo dispón dunha caixa de suxestións onde se pode introducir calquera suxestión, queixa ou pregunta que se considere necesaria.

  • Colabora con nós
    Outra maneira de participar na área é mediante algúns dos programas a disposición dos alumnos. Por exemplo, ofrecemos a posibilidade de ser dinamizador/a de centro ata un máximo de 30 horas por curso académico, colaborador/a de eventos deportivos e máis! Podes consultar as ofertas e inscribirte no seguinte ligazón.​​​​
     
  • O teu taboleiro de eventos
    Tes á túa disposición un taboleiro onde podes publicar calquera actividade relacionada co deporte que esteas organizando ou consultar as actividades publicadas por outros estudantes ou grupos. Accede xa e apúntate!

 

 

Para máis información, podes contactar coa Sección de Extensión Universitaria:

Campus de Vigo
+34 986 813 626
extension@uvigo.gal

Campus de Ourense
+34 988 387 102
asc-ou@uvigo.gal

Campus de Pontevedra
+34 986 801 949 | 986 801 955
asc-po@uvigo.gal