XXXIX Campionato nacional de fútbol sala de PAS

XXXIX Campionato nacional de fútbol sala de PAS

 

A Universidade de Vigo comprácese en acoller o XXXIX Campionato nacional de fútbol sala do persoal de administración e servizos do 5 ao 10 de xuño de 2023 no campus de Ourense.

A organización deste torneo xorde en 1982 da man dun colectivo do PAS das universidades de Estremadura e de Granada co obxectivo de unir lazos profesionais e de amizade a través da celebración dunhas xornadas lúdico-deportivas. A iniciativa tivo éxito e en 1983 organizouse o primeiro campionato de fútbol sala coa participación do persoal de administración e servizos destas dúas universidades, ás que se foron sumando outras institucións académicas españolas nos anos posteriores.

 

Na aplicación Campusactivo pódense consultar os grupos e os horarios dos partidos:

 

 

 

Día Hora Actividade Lugar
5 de xuño de 9.30 a 14.30 h Fase de grupos Pavillón universitario
6 de xuño de 9.30 a 14.30 h Fase de grupos Pavillón universitario
  17.00 h Recepción institucional 
Susana Reboreda Morillo, vicerreitora de Extensión Universitaria
Pavillón universitario
  17.15 h Xuntanza técnica dos equipos Sala multiusos do pavillón universitario
  17.30 h Visita guiada por Ourense Desde o campus 
  19.00 h Recepción institucional
Armando Ojea Bouzo, tenente alcalde
Liceo de Ourense
7 de xuño de 9.30 a 14.30 h Fase de grupos Pavillón universitario
8 de xuño de 9.30 a 14.30 h Fase de grupos Pavillón universitario
  de 9.30 a 14.30 h Fase de grupos Pavillón universitario
9 de xuño de 9.30 a 14.30 h Fase de grupos Pavillón universitario
  21.30 h Cea Liceo de Ourense
10 de xuño 11.00 h Final  Pavillón universitario
  12.30 h Entrega de premios e clausura do campionato Pavillón universitario

 

Máis información:

Pavillón universitario
As Lagoas, s/n
32004 Ourense
+34 988 817 198
depor-ou@uvigo.gal