Unidade de Diversidade
Inclusión positiva das identidades diversas

A diversidade na UVigo
A Universidade de Vigo favorece a igualdade de oportunidades na participación da comunidade universitaria, valora a diversidade afectivo-sexual, capacitiva, sociocultural e doutras diversidades como factores enriquecedores da nosa sociedade.
Diversidade afectivo-sexual e de xénero
A través da Unidade de Diversidade organizamos actividades para xerar conciencia e cambiar a sociedade, fortalecendo a voz do colectivo LGTBIQA+ da UVigo e facilitando a súa participación na comunidade universitaria.

Diversidade capacitativa
A UVigo conta con diferentes programas e ferramentas para acadar a plena integración na vida universitaria do estudantado con necesidades específicas de apoio educativo.
Podcast Unidiversidade
Un podcast da Unidade de Diversidade coa colaboración da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais e da Facultade de Comunicación para falar, sentir e compartir a diversidade.


