XORNADAS

Cribado e asesoramento das infeccións de transmisión sexual

UVigo - Diversidade 11/02/2026

Co gallo do do Día Europeo da Saúde Sexual, a Unidade de Diversidade da UVigo e a ONG Apoyo Positivo organizan unhas xornadas sobre cribado e asesoramento das infeccións de transmisión sexual (ITS).

As persoas interesadas poderán achegarse aos postos habilitados por Apoyo Positivo e recibir información útil sobre as infeccións de transmisión sexual, así como realizar diferentes probas rápidas relacionadas con elas, concretamente de VIH e de hepatite C.

  • Mércores 11 de febreiro, na entrada do edificio Xurídico-Empresarial, de 12.30 a 14.30 h e de 15.30 a 17.30 h
  • Xoves 12 de febreiro, na entrada do Politécnico, de 12.30 a 14.30 h e de 15.30 a 17.30 h

Novas relacionadas

 

Unidade de Diversidade

Edificio Ernestina Otero, 3.º andar
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 647 343 033
infodiversidade@uvigo.gal
Luns e venres, de 8.00 a 14.30 h

 

Edificio de Facultades, soto
As Lagoas
32004 Ourense
+34 647 343 033 | 988 387 107
maito:infodiversidade@uvigo.gal
Martes, mércores e xoves, de de 8.00 a 14.30 h