UNIDADE DE DIVERSIDADE

A diversidade defínenos

Vídeo

UVigo - Diversidade 04/02/2026

A Universidade de Vigo presenta o vídeo «A diversidade defínenos» que amosa o seu compromiso coa diversidade a través das voces de membros da comunidade que viaxaron a outro país e aprenderon a dicir as súas ideas noutra lingua. Persoas que comparten aula con alguén que pensa distinto, que fala distinto, que vén doutro lugar. Estudantes que romperon fronteiras sen saír da universidade, ao descubrir novas formas de ver o mundo; e que son unha mestura de culturas, de idiomas, de soños e de desafíos. A súa identidade non está feita dunha soa peza, senón de todas as pezas que atoparon e que aceptaron. Na Universidade de Vigo, todos e todas aprenderon a se construír así: complexos, abertos, múltiples. 

 

 

 

A Universidade de Vigo ten entre os seus fins eliminar as desigualdades por razón de orientación sexual, sexo, idade, discapacidade, raza, etnia, clase ou relixión, para favorecer e garantir a calidade dunha educación inclusiva.

Desde esta meta a Unidade de Diversidade responsabilízase de deseñar, coordinar e desenvolver programas e políticas de inclusión e de non discriminación formando e sensibilizando a comunidade universitaria en temas relacionados co respecto á diversidade.

Universidade de Vigo, a diversidade defínenos.


Unidade de Diversidade