XORNADA

A diversidade nos manuais escolares ao longo da historia

UVigo - Diversidade 09/06/2026

A Unidade de Diversidade organiza a xornada «A diversidade nos manuais escolares ao longo da historia». Será o mércores 10 de xuño, ás 10.00 horas, na aula 0.10 do Edificio de Ferro do campus de Ourense.

A xornada contará coa participación de tres especialistas en historia da educación: Xosé M. Cid Fernández, profesor e investigador na Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo, na Área de Teoría e Historia da Educación; Agustín Escolano Benito, catedrático de Historia da Educación, fundador do CEINCE; e Teresa González Pérez, catedrática de Historia da Educación. A mesa estará moderada por Nuria Diéguez García, profesora na Área de Teoría e Historia da Educación na Universidade de Vigo.

Programa
 

 

Unidade de Diversidade

Edificio Ernestina Otero, 3.º andar
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 647 343 033
infodiversidade@uvigo.gal
Luns e venres, de 8.00 a 14.30 h

 

Edificio de Facultades, soto
As Lagoas
32004 Ourense
+34 647 343 033 | 988 387 107
infodiversidade@uvigo.gal
Martes, mércores e xoves, de de 8.00 a 14.30 h