Programa de acompañamento psicolóxico ao estudantado 2026
Ata o 26 de febreiro
A Universidade de Vigo publica a convocatoria do programa de acompañamento psicolóxico ao estudantado con dificultades derivadas das actividades académicas en virtude do convenio entre o Servizo Galego de Saúde e as tres universidades galegas.
O programa inclúe a asistencia a tres sesións de atención psicolóxica totalmente gratuitas para o estudantado da UVigo que cumpra os seguintes requisitos no prazo de presentación de solicitudes e ata o final da presente campaña:
- Ser estudante dun grao da Universidade de Vigo con matrícula no curso actual 2025/2026 de primeiro curso ou en momentos académicos críticos (TFG ou prácticas).
- Precisar apoio psicolóxico por problemáticas derivadas directa e estritamente da súa actividade académica.
Quedan excluídas desta convocatoria as solicitudes que se realicen para a inclusión no Programa de integración de universitarias/os con necesidades especiais (PIUNE), ao contar este programa cunha normativa e cun procedemento propios.
O prazo de presentación permanecerá aberto ata o 26 de febreiro, ás 23.59 horas, e as solicitudes tramitaranse por rigorosa orde de inscrición.
Novas relacionadas:
Máis información:
Sección de Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 603
diversidade@uvigo.gal




