Podcast Unidiversidade

Presentámosche Unidiversidade, un espazo para falar, sentir e compartir a diversidade. Un podcast da Unidade de Diversidade coa colaboración da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais e da Facultade de Comunicación.
- Episodio 1
Neste primeiro episodio conducido por Concha Gómez, profesora de Comunicación Audiovisual da UVigo e Marta Quintana, estudante do mesmo título, mergullarémonos no corazón do Día do Orgullo. As voces protagonistas deste episodio son: Carla Míguez, titulada en Tradución e Interpretación e bolseira predoutoral; Carlos Valcárcel, docente da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra; e Antía Pousa, responsable da Cooperativa Xeracción.
- Episodio 2
O segundo episodio titúlase Ser LGTBIQA+ hoxe en Galiza e trata os avances, desafíos e esperanzas das persoas do colectivo no contexto actual. Conta coa participación de Soledad Torres Guijarro, PDI da Universidade de Vigo e presidenta da asociación Nós Mesmas; Eric Dopazo, escritor, músico e activista da asociación ARELAS; e Cástille Jorum, alumne do campus de Vigo, quen comparte a súa experiencia persoal e académica como persoa LGTBIQA+ entre Galiza e os Estados Unidos. A través destas tres voces, o podcast reflexiona sobre a realidade da diversidade afectivo-sexual e de xénero desde perspectivas complementarias: o activismo, a docencia universitaria e a vida estudantil.
Unidade de Diversidade
Edificio Ernestina Otero, 3.º andar
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 647 343 033
infodiversidade@uvigo.gal
Luns e venres, de 8.00 a 14.30 h
Edificio de Facultades, soto
As Lagoas
32004 Ourense
+34 647 343 033 | 988 387 107
maito:infodiversidade@uvigo.gal
Martes, mércores e xoves, de de 8.00 a 14.30 h




