Bravxs: ilustracións e emoticonas de mulleres científicas, investigadoras e inventoras 

UVigo - Igualdade 01/03/2021

Mulleres científicas, investigadoras e inventoras 


A través destas caretas ilustradas por Marta Riera, exprofesora da Facultade de Belas Artes, a Universidade de Vigo pretende darlles visibilidade a mulleres científicas, investigadoras e inventoras con traxectorias vitais paradigmáticas nas que se observan trazas de inxustiza e discriminación no ámbito da ciencia (o chamado «efecto Matilda»), pese á importancia e á relevancia das súas achegas e descubrimentos.

Lynn Petra Alexander, primeira doutora honoris causa da Universidade de Vigo; Ángela Ruiz Robles, profesora ferrolá e deseñadora do primeiro prototipo de libro electrónico; Ada Lovelace, inventora da linguaxe de programación; Jane Goodall, primatóloga que revolucionou esta disciplina grazas ás súas observacións e análises; Hedy Lamarr, inventora da wifi; Jocelyn Bell, descubridora dos pulsares ou Rosalind Franklin, clave no descubrimento do ADN, son algunhas destas destacadas e fantásticas mulleres científicas e investigadoras.

Podes coñecer a súa biografía premendo en cada imaxe:

 

Ilustración de Rosalind Franklin realizada por Marta Riera

Rosalind Franklin

Ilustración de Ada Lovelace realizada por Marta Riera

Ada Lovelace

Ilustración de Jane Gooddall realizada por Marta Riera

Jane Gooddall

Ilustración de Lyn Petra Alexander realizada por Marta Riera

Lyn Petra Alexander

Ilustración de Ángela Ruiz Robles realizada por Marta Riera

Ángela Ruiz Robles

Ilustración de Jocelyn Bell realizada por Marta Riera

Jocelyn Bell

Ilustración de Hedy Lamarr realizada por Marta Riera

Hedy Lamarr

Ilustración de Ángeles Álvariño realizada por Marta Riera

Ángeles Alvariño

Ilustración de Chien-Shiung Wu realizada por Marta Riera

Chien-Shiung Wu

Ilustración de Ernestina Otero realizada por Marta Riera

Ernestina Otero

Ilustración de Vera Rubín realizada por Marta Riera

Vera Rubin

 

Ilustración de Rosalía de Castro realizada por Marta Riera

Rosalía de Castro

Ilustración de Exeria realizada por Marta Riera

Exeria

Ilustración de Filomena Dato realizada por Marta Riera

Filomena Dato

Ilustración de Ana María Prieto realizada por Marta Riera

Ana María Prieto López

Ilustración de Briana Gopaul realizada por Marta Riera

Brianna Gopaul

Ilsutración de Carol Shawn realizada por Marta Riera

Carol Shawn

Ilsutración de Grace Murray realizada por Marta Riera

Grace Murray Hopper

Ilustración de Radia Perlman realizada por Marta Riera

Radia Perlman

Ilsutración de Alice Guy realizada por Marta Riera

Alice Guy

Ilsutración de Andrea Ghez realizada por Marta Riera

Andrea M. Guez

Ilustración de Emmanuelle Charpentier realizada por Marta Riera

Emmanuelle Charpentier

Ilustración de jennifer Doudna realizada por Marta Riera

Jennifer Doudna

Ilustración de Nicole Reine Lepaute realizada por Marta Riera

Nicole Reine Lepaute

 

Ilustración de Theano realizada por Marta RieraTheano

 

 

 

Emoticonas de Bravxs para WhatsApp

A Cátedra de Feminismos 4.0, promovida pola Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra, achega outra forma de compartir as caretas das Bravxs, as mulleres referentes na ciencia e na tecnoloxía deseñadas por Marta Riera.

Agora tamén están dispoñibles para compartir en WhatsApp! Para conseguilas, cómpre seguir estes sinxelos pasos:

  • Descarga a aplicación Sticker.ly.
  • Copia a ligazón indicada máis abaixo e compártea a través de WhatsApp.
  • Engade as emoticonas ao teu wasap.
  • E listo! Xa quedan incorporadas no apartado de emoticonas de WhatsApp.
     

DESCARGA  AS EMOTICONAS


 

Para máis información

Unidade de Igualdade 
igualdade@uvigo.gal
+34 986 813 419

Instagram