A perspectiva de xénero nas investigacións sobre a COVID-19

UVigo - Igualdade 14/04/2020

Neste momento histórico que está a atravesar toda a humanidade debido á pandemia orixinada polo coronavirus, é imprescindible incluír a perspectiva de xénero cando tratamos a pandemia e o mundo pospandémico nos estudos científicos relacionados co impacto da COVID-19 na nosa sociedade.

Neste senso, a desagregación dos datos por sexo é fundamental, pois débese ter en conta que os homes semellan ser máis vulnerables bioloxicamente á COVID-19 (triplícase a mortalidade nos homes). Non obstante, as mulleres resultan máis indefensas socialmente, pois a maioría do persoal sanitario (médicas, enfermeiras, auxiliares de enfermería etc), traballadoras en residencias de persoas maiores, limpiadoras, caixeiras de supermercado e coidadoras de dependentes son mulleres e son as máis expostas aos contaxios. Neste sentido, tamén a presenza das mulleres nos traballos informais sen protección social é maior, polo que o impacto do confinamento é socioeconomicamente máis duro entre as mulleres.

A fin de evitar sesgos androcéntricos, a perspectiva de xénero tamén ten que terse en conta na investigación sanitaria e epidemiolóxica así como nos ensaios clínicos a prol dos medicamentos contra a COVID-19 ou da esperada vacina.

Resulta fundamental evitar a linguaxe sexista (médicos/enfermeiras, por exemplo) e non inclusiva ao tratar esta temática. Tamén é imprescindible manter unha estratexia de comunicación orientada a visibilizar todas as científicas que están a desenvolver investigacións sobre a COVID-19 (as investigadoras galegas África González, Coral del Río, María José Alonso, Mabel Loza; as investigadoras españolas do CSIC Isabel Sola e Sonia Zúñiga; a epidemióloga chinesa Chen Wei; a viróloga mexicana Marina Escalera Zamudio, entre outras), pois a linguaxe non inclusiva está a crear un imaxinario androcéntrico deste ámbito das investigacións médicas, clínicas, epidemolóxicas etc.

Esta crise da COVID-19 aboca a unha crise da civilización onde a «sostibilidade da vida» e a economía dos coidados cobran un protoganismo especial debido á fraxilidade da vida que todas e todos estamos a experimentar e á importancia central que os coidados vitais e santiarios están a ter. De todo isto debería emerxer un novo «contrato social» onde a vida se coloque no centro, como sinala a economía feminista.

Relacionado co anterior, esta situación de confinamento colectivo está a visibilizar a «fenda de coidados» nas situacións de teletraballo.

Por último, todo o relacionado coa violencia de xénero, e tamén coa violencia machista e contra as mulleres en xeral, increméntase. En efecto, este confinamento está a aumentar as situacións de risco para as mulleres e as súas fillas e fillos que conviven co seu maltratador, o que pode acelerar as situacións de violencia contra as mulleres. Neste senso, tamén as mulleres en prostitución están máis expostas neste momento, tanto respecto da súa saúde como pola violencia que exercen sobre elas os putañeiros e os proxenetas, se entendemos a prostitución como unha das expresións máis extremas da violencia machista, tal e como o recollen o Convenio de Estambul e o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Neste senso, o Goberno debe conter e controlar os maltratadores, os putañeiros e os proxenetas en tempos de COVID-19.
 

  1. Base de datos da bibliografía sobre a COVID-19 e a perspectiva de xénero
    https://data2x.org/resource-center/gender-and-data-resources-related-to-covid-19/
     
  2. Datos da COVID-19 desgregados por sexo
    http://globalhealth5050.org/covid19/
    https://www.thelancet.com/journals/lancet/article/PIIS0140-6736(20)30526-2/fulltext?dgcid=raven_jbs_etoc_email
    https://www.thinkglobalhealth.org/article/gender-and-coronavirus-outbreak
    https://www.lowyinstitute.org/the-interpreter/why-gender-matters-impact-and-recovery-covid-19
    https://www.nytimes.com/2020/04/02/opinion/coronavirus-men-women.htmlhttps://www.nytimes.com/2020/03/12/us/women-coronavirus-greater-risk.html​​​​​​https://www.nytimes.com/2020/04/03/us/coronavirus-male-female-data-bias.htmlhttps://www.nytimes.com/2020/04/02/opinion/coronavirus-men-women.html?action=click&module=Opinion&pgtype=Homepagehttps://www.weforum.org/agenda/2020/03/the-coronavirus-fallout-may-be-worse-for-women-than-men-heres-why/https://gacetamedica.com/investigacion/afecta-por-igual-el-covid-19-a-hombres-y-mujeres/
    https://elpais.com/ciencia/2020-04-11/el-coronavirus-mata-mas-a-los-hombres-que-a-las-mujeres-como-casi-todo-lo-demas.html
     
  3. Impacto económico de xénero e COVID19
    https://laciudaddelasdiosas.blogspot.com/2020/04/trabajos-feminizados-en-la-pandemia.html
    https://www.publico.es/economia/coronavirus-desigualdad-genero-mayor-riesgo-contagio-precariedad-carga-oculta-coronavirus-mujeres.htmlhttps://www.theatlantic.com/international/archive/2020/03/feminism-womens-rights-coronavirus-covid19/608302/https://www.unwomen.org/en/news/stories/2020/4/feature-nurses-in-albania-on-front-line-of-covid-19-responsehttps://www.scidev.net/global/gender/news/gender-blind-coronavirus-policies-could-hinder-disease-fight.html?__cf_chl_jschl_tk__=63637cd1706dda6a066d79a475f662953fa6ac6a-1586601698-0-AdwP6KqCRMX0t0fS2XE2bGdselGw1A0iX8_M0oe1kSw3DPv0Rx75uqVfavucMUr0PEkX8rpzyKqyMSYbHg8XmDUf0aRI_doZzVZOn0TOCVKYkW-xFbNkVePkDK7Ms1_6dblM-stacRatiDGWuoKyBy3ihLR4hKvWkmo0XTMHCDrBqs-HMwmnTq4RzV3jPTSTWQmqVtbPhigqEy0_Syn_NR_CTEnUMY-VRQ8VXKuKYWRaaE0G5EQfQjL0J0uQdeIoVDAFXByjjQuWDdJ7z1FUZSwgd7VKSt9eW9YiEzMecZsF_4EPZ16mHb47iEjrYPeNfBqsvB-jXdHTZvJ2PzKQoyGeOifDodeBBNkveqUo_F5w2vmYlLC_lubLwzmFD5QvPA​​​​​​https://www.unwomen.org/es/news/in-focus/in-focus-gender-equality-in-covid-19-responsehttps://www.fastcompany.com/90488089/women-are-disproportionately-impacted-by-covid-19
     
  4. Violencia contra as mulleres e COVID-19
    https://www.feministcurrent.com/2020/03/25/covid-19-puts-women-in-new-zealands-sex-trade-in-more-danger-than-ever-why-isnt-the-decrim-lobby-helping/https://www.unwomen.org/en/news/stories/2020/4/statement-ed-phumzile-violence-against-women-during-pandemic
    https://www.un.org/es/coronavirus/articles/prevencion-reparacion-violencia-contra-mujeres-durante-COVID-19
    https://www.eldiario.es/economia/Amaia-Perez-Orozco_0_1011399352.html
     
  5. Política e COVID-19
    http://feministallianceforrights.org/blog/2020/04/04/llamado-para-adoptar-una-politica-feminista-frente-a-covid-19/
    https://miguelorenteautopsia.wordpress.com/2020/04/08/medicos-y-enfermeras/
    https://theconversation.com/el-genero-y-la-igualdad-en-tiempos-de-coronavirus-135998
    https://ctxt.es/es/20200302/Politica/31335/Paula-Moreno--Ivan-H-Ayala-coronavirus-mujer-salud-estudios-familia-cuidados.htm
    http://www.realinstitutoelcano.org/wps/portal/rielcano_es/contenido?WCM_GLOBAL_CONTEXT=/elcano/elcano_es/zonas_es/ari33-2020-solanas-crisis-del-covid-19-y-sus-impactos-en-igualdad-de-generohttps://eu.usatoday.com/story/opinion/2020/04/03/melinda-gates-coronavirus-pandemic-compels-us-rise-challenge-column/5104107002/

 

Máis información:

Unidade de Igualdade
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 419​
​​​​​​igualdade@uvigo.es