Programación do 25N na UVigo
Co gallo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a Unidade de Igualdade e os centros da Universidade de Vigo organizan distintas actividades baixo o lema «Ante as violencias, nós avanzamos cara á igualdade».
O acto institucional terá lugar o 17 de novembro de 2025, ás 12.00 horas, na aula magna Concepción Arenal do Edificio Xurídico-Empresarial, no campus de Ourense, e poderá seguirse en directo pola canle 2 de UVigoTV.
Máis información:
Unidade de Igualdade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 419
igualdade@uvigo.gal




