VI Xornada Universitaria Galega en Xénero. (Re)construíndo o coñecemento
Desde 2013, as unidades de igualdade de xénero das tres universidades galegas traballamos conxuntamente para facer realidade a sexta edición da Xornada Universitaria Galega en Xénero, punto de encontro e reflexión para o persoal docente e investigador que traballa con perspectiva de xénero.
Nesta sexta edición centrarémonos na necesidade das investigacións feministas e de xénero, así como na práctica docente como medio idóneo para a transmisión de valores igualitarios. Como nas edicións anteriores, abrimos a convocatoria ao persoal docente e investigador de fóra do ámbito do sistema universitario galego.
- Data: 14 de xuño de 2019
- Lugar: Facultade de Ciencias da Educación, Universisdade da Coruña
- Programa
Obxectivos
- Impulsar a aplicación da transversalidade de xénero como un criterio de calidade académica.
- Intercambiar experiencias entre o persoal docente e investigador que xa integre a perspectiva de xénero na súa práctica docente e/ou investigadora e quen teña interese en incorporala.
- Potenciar experiencias innovadoras que inclúan a perspectiva de xénero como un eixe de traballo.
- Promover a creación de redes de colaboración multidisciplinares para integrar a perspectiva de xénero na actividade universitaria.
Estrutura
- Conferencia inaugural.
- Exposición de comunicacións (de forma oral ou en sesión póster).
Áreas temáticas
- Mulleres, ciencia, universidade (oficina.igualdade@udc.es)
- Perspectiva de xénero na docencia universitaria (oix@usc.es)
- Violencia(s) cara ás mulleres (igualdade@uvigo.es)
As propostas presentaranse a través do formulario de comunicación que se enviará ás direccións electrónicas anteriores en función da temática.
Prazo límite para presentar propostas de comunicación: 5 de maio de 2019.
Publicación
Realizarase unha publicación dos traballos presentados e defendidos (de forma oral ou na sesión póster) que disporá de ISBN.
Inscrición
A inscrición será gratuíta e aberta ata completar a capacidade. Realizarase mediante o formulario de inscrición. O prazo remata o 3 de xuño.
Máis información na web da Universidade da Coruña.