
Prevención do acoso sexual e por razón de sexo
Se tes coñecemento dalgunha situación de acoso sexual ou por razón de sexo, os pasos que se deben seguir son:
- Poñerte en contacto co enlace de igualdade do teu centro ou directamente coa Unidade de Igualdade.
- Denunciar os feitos ante a Comisión contra o Acoso Sexual (CAS).
- A denuncia pode ser presentada pola persoa acosada ou por unha terceira persoa que teña coñecemento da situación. Neste último caso, para poder iniciar o procedemento, a vítima deberá ratificarla.
- Interpoñer a denuncia no prazo de tres meses contados desde que tivo lugar a situación de acoso.
- Quen pode denunciar? Alumnado, PDI, PAS, outro persoal vinculado, personal de contratas ou subcontratas externas e persoas con contrato administrativo ou privado.
Para máis información, podes contactar con:
Unidade de Igualdade
igualdade@uvigo.es
+34 986 813 419