Imaxe de mozas e mozos para previr o acoso sexual e por razón de sexo

Contra as violencias machistas

 

Protocolo de prevención do acoso sexual e por razón de sexo

Se tes coñecemento dalgunha situación de acoso sexual ou por razón de sexo, os pasos que se deben seguir son:

  • Poñerte en contacto co enlace de igualdade do teu centro ou directamente coa Unidade de Igualdade.
  • Denunciar os feitos ante a Comisión contra o Acoso Sexual (CAS).
  • A denuncia pode ser presentada pola persoa acosada ou por unha terceira persoa que teña coñecemento da situación. Neste último caso, para poder iniciar o procedemento, a vítima deberá ratificarla.
  • Interpoñer a denuncia no prazo de tres meses contados desde que tivo lugar a situación de acoso.
  • Quen pode denunciar? Alumnado, PDI, PAS, outro persoal vinculado, personal de contratas ou subcontratas externas e persoas con contrato administrativo ou privado.

Documentación


Puntos lila

Os puntos lilas son espazos nos que se sensibiliza ao público das festas universitarias e outros eventos, informase a quen o precise e acompañase ás persoas que comunican algunha agresión machista 

Este recurso foi unha iniciativa da Delegación de Alumnado da Escola de Telecomunicación. 

Tamén teñen unha función simbólica importante ao visibilizar o rexeitamento ás violencias machistas e ofrecer un espazo de apoio.


Punto lila virtual

 O punto lila virtual é un recurso para recoller consultas e queixas de acoso sexual ou de acoso por razón de sexo que poidan suceder en calquera espazo da Universidade de Vigo. 

A información trasládase de forma directa e confidencial á Unidade de Igualdade a través dun formulario virtual. 

Todas as cuestións atenderanse de forma preferente nun prazo máximo de 48 horas.

A través do formulario podes facer unha consulta ou trasladar unha queixa sobre unha posible situación de acoso sexual ou de acoso por razón de sexo en calquera espazo, físico ou virtual, da Universidade de Vigo. 

Os datos incluídos no formulario trataranse sempre de xeito confidencial. Cubrilo non supón unha denuncia formal nin implica a activación do Protocolo para a prevención e a sanción do acoso sexual e por razón de sexo da UVigo.

Preme no punto lila virtual para acceder ao formulario.

 

Logotipo do Punto Lila Virtual da Universidade de Vigo

 

​​​​


Recursos contra as violencias machistas

 

Máis información:

Unidade de Igualdade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
igualdade@uvigo.gal
+34 986 813 419

Instagram