Premios Youtubeiras+ 2025
Inscricións ata o 16 de novembro
Animámoste a participar na novena edición dos Premios Youtubeiras+!
O algoritmo é o protagonista da novena edición deste certame organizado polas tres universidades galegas, os concellos de Ames, Carballo, Ferrol, Moaña, Narón, Oleiros, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo e a Deputación da Coruña.
A gran novidade deste ano é a apertura do concurso a todas as redes e a proposta de novas categorías.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata as 23.59 horas do 16 de novembro e farase a través deste formulario.
Máis información:
Área de Normalización Lingüística
Edificio Newton
Facultade de Filoloxía e Tradución
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 574
anl@uvigo.gal




