Pontevedra UVigo

Aloxamento en Pontevedra

Dada a poboación universitaria residente en Pontevedra, existe unha ampla oferta de vivenda privada en aluguer a prezos razoables. Outra opción de aloxamento é a Residencia Fundación Abanca coa que a Universidade de Vigo ten establecido un convenio.  

Onde aloxarse?

O Hotel City Express Comercio en Pontevedra ofrécelle aloxamento ao estudantado con prezos de residencia e con servizo de hotel.

Residencia de estudantes Afundación Abanca
Avenida de Vigo, 21 int
36003 Pontevedra
+34 986 85 69 08

Prazas nos centros propios e axudas para aloxamento 

Tanto as prazas nas residencias universitarias como as axudas para aloxamento convócanse cada ano. Podes consultar no buscador se tes algunha convocatoria activa da que poidas beneficarte e, se tes algunha dúbida, podes contactar co Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos no enderezo electrónico bolsas@uvigo.gal ou nos teléfonos +34 986 813 611 e +34 986 813 612.

Ir ao buscador

Para máis información, podes contactar coa Área de Servizos á Comunidade do Campus de Pontevedra
asc-po@uvigo.gal
+34 986 801 949