Campus Crea

Banner páxina Campus CREA


O Campus CREA de Pontevedra aposta pola especialización a través da arte, da comunicación e da creatividade, da educación, da innovación social e da xestión pública, do deporte, da saúde e benestar e do medio ambiente e da natureza. No campus atoparás as facultades e escolas, a Biblioteca Central, o pavillón universitario, as cafeterías e os comedores e os nosos servizos administrativos (xestións de matrículas, bolsas, voluntariado, préstamo de bicicletas, rexistro…).


I Premios TFG e TFM do Campus Crea

Co propósito de impulsar e de fomentar o proxecto de especialización do campus de Pontevedra como Campus Crea, convócase a primeira edición dos Premios TFG e
TFM do Campus CREA. Estes premios pretenden recoñecer e darlle unha maior difusión aos traballos de investigación do alumnado do campus de Pontevedra, que contribúan á promoción do Campus CREA.

  • Convocatoria
    Prazo de presentación de solicitudes: ata o 15 de outubro de 2021
     

Concurso de carteis  "A imaxe do Campus Crea"

A primeira edición do Concurso de elaboración dun cartel para a mellora da imaxe do Campus Crea, nace coa finalidade de recoñecer e estimular accións relevantes neste eido, que contribúan á súa promoción.

De entre todas as propostas, premiarase un total de seis carteis. O galardón consiste na impresión dos carteis gañadores, así como na entrega dun documento acreditativo. Cada un deles estará exposto no Mupi da marquesiña do Campus de Pontevedra durante dous meses, ao longo do ano académico 2021/2022.

  • Convocatoria 2021
    Prazo de presentación de solicitudes ata o 30 de outubro de 2021


Premios Crea-Creatividade e Innovación 2022

Os Premios Crea-Creatividade e Innovación teñen como obxectivo recoñecer diferentes facetas da actividade creativa e de innovación desenvolvidas por alumnado da Universidade de Vigo nas que participen estudantes de diferentes ámbitos de coñecemento. Estes premios enmárcanse dentro da colaboración entre a Universidade de Vigo e o Consello Social.

Repartiranse 3000 euros entre as persoas premiadas!

  • Convocatoria 2022
    Prazo de presentación de solicitudes ata o 29 de abril de 2022 (14:00)


Semana da Creatividade e da Innovación 2022

Coincidindo coa conmemoración, o día 21 de abril, do Día Mundial da Creatividade e a Innovación, o campus de Pontevedra acolle cada ano unha serie de actividades que buscan pór de relevo o que define o Campus Crea e a importancia que a creatividade e innovación teñen para o desenvolvemento da sociedade.

O programa, que se desenvolverá do 18 ao 22 de abril, pode consultarse en: 

Semana da Creatividade e da Innovación 2022

 

1. Concurso de fotografía en liña.

 

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Casa das Campás
Rúa Don Filiberto 9-11 
36002 Pontevedra
+34 986 802 080
vic.pon@uvigo.gal

FOLLETO_Semana de Creatividade e Innovación (Interactivo)2.pdf777.97 KB