
Cultura en Pontevedra
Proxeccións cinematográficas, recitais poéticos, exposicións artísticas, conversas, coloquios e tertulias, conferencias, cursos de extensión ou obradoiros
Todo isto configura parte da ampla oferta cultural promovida no campus de Pontevedra, tanto para os integrantes da comunidade universitaria como para a cidadanía en xeral. Precisamente, na procura da proximidade cos cidadáns, a meirande parte destas actividades teñen lugar na Sala de Conferencias da Casa das Campás e na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, a sala de exposicións situada na Facultade de Belas Artes.
Ademais de espectador, tamén podes ser protagonista desta ampla actividade cultural. Para iso podes promover a organización de actividades e eventos culturais ou fomar parte do coro do campus de Pontevedra.
- Cursos
- Obradoiros
- Aulas de teatro e danza
- Sala Universitaria Manuel Moldes
- Cinema
- Coro universitario
- Premios e concursos culturais
Para máis información, podes contactar coa Área de Servizos á Comunidade do Campus de Pontevedra
asc-po@uvigo.gal
+34 986 801 949
Máis información:
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Casa das Campás
Rúa Don Filiberto 9-11
36002 Pontevedra
+34 986 802 080
vic.pon@uvigo.gal