
Deporte en Pontevedra
Se che interesa o deporte, no pavillón universitario do campus de Pontevedra tes onde escoller
INSTALACIÓNS DEPORTIVAS NO CAMPUS:
Podes practicar os teus deportes favoritos na pista polideportiva do pavillón universitario ou poñerte en forma na nosa sala cardio-fitness. O aluguer da pista é gratuíto para a comunidade universitaria durante todo o horario de apertura da instalación.
O acceso á sala é moi doado co Abono Muver que proporciona ademais acceso gratuíto ás actividades dirixidas que tamén se realizan no pavillón: pilates, crosstraining e ciclismo en sala, sen custo adicional e previa reserva da praza.
ACTIVIDADES DEPORTIVAS NO CAMPUS
Actividade física, deporte para todas e todos, programas de lecer, augaventura, actividades na natureza, rutas culturais, competicións (internas, interuniversitarias, federadas…) son parte principal das actuacións programadas pola Área de Benestar, Saúde e Deporte.
XESTIÓNS:
A través da aplicación web deporxest.uvigo.es poderedes xestionar os seguintes servizos:
Para máis información, podes contactar coa Área de Servizos á Comunidade do Campus de Pontevedra
asc-po@uvigo.gal
+34 986 801 949