Belas Artes Pontevedra UVigo

Explora o campus de Pontevedra

O Campus de Pontevedra conta con cinco Facultades (catro situadas na Xunqueira e unha no centro da cidade) e dous centros adscritos (un situado no centro da cidade e outro no veciño Concello de Marín). A dirección e os servizos administrativos do Campus localízanse na Casa das Campás e na Escola de Enxeñaría Forestal, respectivamente.

Podes ter que visitar o primeiro andar desta Escola para a realización de trámites relacionados coa matrícula, bolsas, actividades de extensión ou para entregar algún documento no rexistro. Os servizos ofertados complétanse coa Biblioteca central do Campus (situada na Facultade de Ciencias Sociais da Comunicación), as cafeterías e comedores, a Escola Infantil e o Pavillón universitario. Convidámoste a facer unha visita virtual.

 

Enderezo postal

Campus universitario de Pontevedra,
A Xunqueira, s/n. 36005 Pontevedra.

 

Campus Pontevedra-Centro

Campus Pontevedra-A Xunqueira

Campus Pontevedra (Marín)

Para máis información, podes contactar con: 
Área de Servizos á Comunidade do Campus de Pontevedra
asc-po@uvigo.es  
+34 986 801 949