Plan Suvi
A Universidade de Vigo aposta polo uso responsable de enerxías limpas
O obxectivo do Plan Suvi é mellorar a eficiencia enerxética e reducir a pegada de carbono da Universidade de Vigo, para favorecer a transición a unha economía baixa en carbono e a xestión intelixente da enerxía, a través de actuacións divididas en dous eixes fundamentais:
- As instalacións de xeotermia en Ourense, de biomasa en Pontevedra e fotovoltaica nos edificios de todos os campus.
- A concienciación en mobilidade.
A pegada de carbono da UVigo ascende a 22 443 toneladas anuais, 0,99 por persoa. O 49,2 % desta pegada deriva do seu funcionamento e, dentro dela, o 18,7 % provén do consumo eléctrico que, actualmente, equivale a 4197 toneladas de emisións. O outro 49,8 % da pegada da universidade corresponde á mobilidade.
Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 440
vicplan@uvigo.gal