Redución de CO2

Actualmente, a redución de emisións de gases de efecto invernadoiro do Plan Suvi corresponde a 1821 toneladas de CO2 ao ano coas actuacións realizadas durante os anos 2019 e 2020. Estas emisións corresponden ao 8,12 % da pegada total de carbono da institución, que equivale a unhas 71 000 árbores plantadas ou a 962 Ha de bosque, 232 millóns de teléfonos móbiles recargados, as emisións de 593 coches durante un ano, 308 vivendas durante un ano ou 757 000 litros de gasóleo.

O obxectivo para os próximos anos do Plan Suvi consiste en obter un aforro de 2132 tCO2/a, que corresponderían ao 9,5 % da pegada total de carbono da UVigo (equivalentes a 85 000 árbores plantadas ou 1150 Ha de bosque, 277 millóns de teléfonos móbiles recargados, 469 coches durante un ano, 368 vivendas durante un ano ou 905 000 litros de gasóleo).