Espazos de cotraballo

Na Universidade de Vigo somos conscientes das novas necesidades dos nosos usuarios e usuarias. Por isto poñemos á disposición de toda a comunidade universitaria espazos de traballo (individual ou en grupo) para usos relacionados co estudo, a docencia, a investigación e o emprendemento.

 

Edificio Redeiras

O novo edificio institucional da Universidade de Vigo, situado na praza do Berbés de Vigo, conta con 18 postos de traballo individuais, distribuídos en seis mesas de tres postos cada unha.

A comunidade universitaria poderá empregar este espazo de cotraballo de luns a venres, en horario de 9.00 a 21.00 horas e de 9 a 14.00 h, do 1 de xullo ao 31 de agosto.

Para acceder, cómpre realizar unha reserva a través do siguiente formulario:

Solicitude de reserva

Espazo de cotraballo no edificio Redeiras



Espazo INCUVI

O espazo INCUVI xorde da necesidade de facilitar o emprendemento entre o estudantado e a transferencia tecnolóxica entre os investigadores e investigadoras e as empresas afíns á institución, co obxectivo de crear un ecosistema de emprendemento na Universidade de Vigo.

Está situado na praza Miralles e conta cunha sala de formación para 25 persoas, un espazo de cotraballo con oito postos individuais, unha sala de xuntanzas pequena para catro persoas e unha máis ampla para oito persoas.

A comunidade universitaria poderá dispoñer do espazo INCUVI de luns a venres, en horario de 9.00 a 20.00 horas, unha vez realizada a reserva correspondente.

Formulario de reserva

Espazo de cotraballo INCUVI

 

Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 586
estudantes@uvigo.gal