Tarxeta universitaria
O teu pasaporte como persoa da comunidade universitaria UVigo para poder gozar de múltiples vantaxes!

Tarxeta universitaria intelixente (TUI)
O teu pasaporte como membro da comunidade UVigo para poder gozar de múltiples vantaxes!
No marco da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (Crue) e co apoio do Banco Santander, a Universidade de Vigo pon en servizo unha plataforma multiservizo para a comunidade universitaria en forma de aplicación móbil.
Unha das funcións da aplicación é emitir a tarxeta universitaria intelixente virtual (TUI en App UVigo). Esta tarxeta acredítate como estudante, docente ou persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo con outras funcionalidades de alto valor engadido para a comunidade universitaria:
- Préstamo de libros nas bibliotecas.
- Acceso ás instalacións de uso restrinxido.
Como obter a TUI?
Para poder solicitar a tarxeta universitaria intelixente terás que cumprir un dos seguintes requisitos:
- Estar matriculado/a nunha titulación oficial da Universidade de Vigo (grao, mestrado oficial, programa de doutoramento etc.).
- Estar matrículado/a nun título propio de 30 ou máis créditos, ou de duración igual ou superior a un curso académico completo.
- Ter un contrato laboral na Universidade de Vigo en vigor
Se cumpres algún dos requisitos anteriores, terás que seguir estes pasos:
- Comprobar que tes unha conta de usuario na secretaría virtual. Desde a secretaría poderás acceder á túa conta ou crear unha se aínda non a tes. Se non es quen de recuperar os teus datos de acceso, podes solicitar na secretaría de estudantes do teu centro a actualización do teu enderezo electrónico.
- Comprobar a emisión da túa tarxeta. Na sección «A miña conta» -> «Tarxetas universitarias» da túa secretaría terás unha listaxe coas TUI emitidas e poderás comprobar os datos cos que se emitirá a nova tarxeta. Nesta mesma sección, deberás activar a casa na pestana «Cesión de datos» que permitirá o acceso á aplicación App UVigo que debes descargar conforme ao seguinte apartado.
- Descargar a aplicación App UVigo. Pódese descargar nos teléfonos dos sistemas Android ou IOS.
- Achegarte a un dos puntos de emisión do teu campus (Ourense, Pontevedra, Vigo: As Lagoas, Marcosende). Aí tomaranche unha fotografía e nuns minutos activaranche a túa TUI en formato electrónico.
As respostas ás preguntas máis frecuentes verbo da aplicación están dispoñibles na seguinte FAQ e as dúbidas máis específicas poderán consultarse desde a propia app.
Onde e cando?
Durante as primeiras semanas do curso, estarán operativos varios puntos de emisión da TUI:
Campus de Ourense
Work Café do Banco Santander
As Lagoas
32004 Ourense
Do 7 ao 25 de setembro 2026
Luns a xoves: de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 17:00 h
Venres: de 9:00 a 14:00 h
Campus de Pontevedra
Facultade de Comunicación
Do 7 ao 25 de setembro 2026
Luns a xoves: de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 17:00 h
Venres: de 09:00 a 14:00 h
Campus de Vigo
Work Café do Banco Santander
Área comercial. Praza Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Do 7 de setembro ao 2 de outubro de 2026
Luns a xoves: de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 17:00 h
Venres: de 9:00 a 14:00 h
Campus de Vigo
Escola de Enxeñaría Industrial (sede cidade)
Rúa do Conde de Torrecedeira, 86
36208 Vigo
Do 5 ao 9 de outubro 2026
Luns a xoves: de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 17:00 h
Venres: de 9:00 a 14:00 h
Despois destas datas, poderás solicitar a túa TUI nas seguintes oficinas de asistencia en materia de rexistro.
Campus de Vigo
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 902
rexistroxeral@uvigo.gal
Campus de Pontevedra
Escola de Enxeñaría Forestal
A Xunqueira
36005 Pontevedra
+34 986 801 955
rex-pont@uvigo.gal
Campus de Ourense
Edificio Administrativo
As Lagoas
32004 Ourense
+34 988 387 102
rex-our@uvigo.gal




