Explora o campus de Vigo
A cidade universitaria de Vigo inspírase no ideal de cidade académica co que se desenvolven moitas universidades estadounidenses.
No campus mestúranse edificios docentes, administrativos e áreas residenciais e deportivas, con complexos científicos e de lecer que enriquecen o día a día universitario. A piscina, o ximnasio ou o centro comercial son exemplos dalgúns dos servizos que permiten aproveitar ao máximo as posibilidades deste campus, apartado da trasfega urbana, pero moi ben comunicado co centro da cidade.
Enderezo postal
Campus universitario de Vigo. As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Centros no campus As Lagoas, Marcosende
- Facultade de Filoloxía e Tradución
- Facultade de Bioloxía
- Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
- Escola de Enxeñaría Industrial
- Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
- Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
- Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
- Facultade de Ciencias do Mar
- Facultade de Química
- Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación (CACTI)
- Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO)
- Centro de Investigación Tecnolóxico Industrial (MTI)
O campus urbano de Vigo
Centros no campus de Vigo (cidade)
Para máis información, podes contactar coa Sección de Información ao Estudantado
sie@uvigo.es
+34 986 813 630