Investigar en Vigo
O campus de Vigo ofrece un amplo abano de posibilidades para desenvolver a investigación e a innovación
O campus conta cunha moi importante masa crítica en I+D+i que traballa tanto nos ámbitos dos campus de especialización existentes (mar, biomedicina e tecnoloxía) como en outras áreas de gran relevancia como as Ciencias Sociais ou as Humanidades. Este ecosistema do coñecemento complétase coa existencia de centros de apoio á I+D ou o parque tecnolóxico, tamén ubicado no campus.
Estruturas de investigación