Canle interna de información
En cumprimento do establecido na Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción, a Universidade de Vigo implantou unha canle interna de información.
Esta canle interna de información constitúese no medio para informar sobre accións ou omisións cometidas, dentro do ámbito de actuación e de competencias da Universidade de Vigo, que puidesen ser constitutivas de infraccións de dereito da Unión Europea, ou de infraccións graves ou moi graves penais ou administrativas.
Este sistema integra tamén a canle de denuncia interna prevista no Plan de medidas antifraude, para recibir información de sospeitas de fraude, corrupción ou conflito de intereses non declarados.
Os principios xerais do sistema e o procedemento para a xestión das comunicacións recóllense no Regulamento polo que se establece e se regula a canle interna de información da Universidade de Vigo, aprobado polo Consello de Goberno o 20 de decembro de 2024:
A aplicación permite informar tanto de maneira anónima como identificada. En todo caso, conta coas medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a confidencialidade ou, eventualmente, o anonimato da persoa informante, para protexela fronte a calquera filtración.
Por motivos de seguridade e de independencia, a ligazón a esta canle abrirá unha nova xanela a un sistema aloxado por un terceiro, o que garante a súa absoluta independencia, e se así o desexa a persoa comunicante, o seu anonimato.
Acceso á canle interna de información
Outras canles externas de información:
- Denuncias relativas a feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou de irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea ante o Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA)
- Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF)
- Fiscalía Europea
- Denuncias sobre prácticas anticompetitivas á Dirección de Competencia da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia
- Autoridade Independente de Protección do Informante, prevista na Lei 2/2023 (pendente de creación)
Máis información:
Secretaría Xeral
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
secxeral@uvigo.gal