Non se establecen requisitos específicos de admisión. Terán preferencia:

  1. Os doutorandos procedentes do título oficial de Mestrado Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria.
  2. Os alumnos procedentes doutros Mestrados da Rama de Ciencias Experimentais que a Comisión Académica considere de contidos similares.
  3. En ambos os casos a selección farase en base á nota media do seu expediente académico.
  4. En caso de igualdade de puntuacións realizaranse entrevistas persoais.

A admisión de estudantes no programa de doutoramento, levará a cabo pola comisión académica.”

 

Estudantes con necesidades educativas específicas

No caso dos estudantes con necesidades educativas específicas, estes contarán no proceso de admisión cun asesor académico nomeado pola Comisión Académica. A Comisión Académica do Programa de Doutoramento analizará de forma particular os casos dos alumnos con necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade e nomeará un titor do alumno para axudarlle a garantir a adquisición das competencias propias do nivel de doutoramento.
Se é necesario a Comisión Académica recibirá un informe do titor e adaptará os servizos de apoio e asesoramento necesarios que avaliarán a necesidade de posibles adaptacións curriculares, itinerarios ou estudos alternativos.