O perfil de ingreso recomendado no Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria é o de persoas que desexen realizar a súa tese de doutoramento no ámbito das ciencias experimentais relacionadas coa tecnoloxía agroalimentaria.

Neste sentido os egresados do Mestrado Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria da Universidade de Vigo terán preferencia no acceso.

Debe terse en conta que a realización dunha tese de doutoramento tratase dun estudo exhaustivo e riguroso que esixe por parte do doutorando coñecementos previos da disciplina e, en xeral, do ámbito no que vai a enmarcar dito estudo. É por iso que resulta recomendable que o doutorando coñeza as disciplinas científicas básicas, para a partir de ahí poder profundizar e especializarse no estudo que esixe a tese de doutoramento.
Incluso resulta moi positivo ese coñecemento previo adquirido durante a titulación de acceso, para que o doutorando poida elixir a área concreta de especialización para a realización da tese.