O programa de doutoramento conta con mecanismos e procedementos que aseguran a correcta función dos programas de mobilidade

 
A CAPD preocúpase da mobilidade do alumnado do doutoramento. As súas actividades, relacionadas coa mobilidade, xestionanse en colaboración cos órganos da Universidade de Vigo que coordinan, de forma centralizada, os programas de mobilidade.

Neste sentido, existen mecanismos para a xestión da mobilidade, tanto de ámbito nacional como internacional, que se desenvolven segundo programas cuxas características e requisitos son públicos e están dispoñibles de forma centralizada, xestionados no marco da vicerreitoría con competencias en mobilidade.
 

Máis información

Bolsa de mobilidade (asistencia a congresos e estadías)

Programas de mobilidade internacional

Axudas de mobilidade para estudantes de doutoramento do Plan de axudas á investigación