O Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria trata de egresar Doutores que lideren actividades e proxectos I+D+i do sector científico-profesional da alimentación:

  • Investigación e desenvolvemento de novos procesos e estratexias na produción, elaboración e conservación de alimentos.
  • Investigación e desenvolvemento de novas estratexias e procedementos que garantan a calidade e seguridade alimentarias.
  • Investigación e desenvolvemento no binomio alimentación-saúde.