O Progama de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria xorde como a evolución natural cara ao espazo de Bolonia do programa de Doutoramento de Calidade, Seguridade e Tecnoloxía Alimentaria, programa de doutoramento regulado polo RD 778/1998, impartido integramente na Facultade de Ciencias do Campus de Ourense de forma ininterrompida ao longo dos últimos bienios, coa colaboración dos Departamentos de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía, Enxeñaría Química, Química Analítica e Alimentaria, Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde, e Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo.

O seu profesorado ten unha ampla bagaxe formativa no ámbito da investigación, froito da participación en diferentes programas de doutoramento e mestrados de investigación ofertados tanto pola Universidade de Vigo como por outras universidades nacionais e internacionais. Este feito queda reflectido nos seus méritos docentes e de investigación. Así mesmo, as persoas participantes compoñen diversos grupos de investigación con recoñecemento nas súas propias universidades.