Unha vez rematada a elaboración da tese de doutoramento, e unha vez autorizada a súa presentación pola persoa encargada da dirección do traballo, presentarase á Comisión Académica para a aprobación da súa lectura e a súa tramitación posterior. Unha vez obtida a conformidade da Comisión Académica, remitirase aos órganos competentes da Universidade para o cumprimento dos trámites que proceda.

A presentación da tese implicará a entrega dos exemplares que procedan segundo a normativa vixente. Unha vez admitida a tese, e a proposta da persoa que dirixiu a investigación, procederase a designar ao tribunal xulgador.

 

Requisitos para a lectura da tese

Los requisitos que o alumno ou alumna debe cumprir para poder defender a tese de doutoramento no Programa de Doutoramento son os seguintes:

  1. Ter superado o proxecto de tese de doutoramento.
  2. Ter publicado, polo menos, un artigo científico nunha revista de algún dos ámbitos xurídicos.
  3. Dispoñer de avaliación positiva de todos os plans anuais de investigación.
  4. Ter o visto e prace da comisión académica.

 

Composición do tribunal e normativa do acto de lectura da tese

O tribunal que avalíe a tese comporase de acordo cos requisitos fixados polo Regulamento de estudos de doutoramento da Universidade de Vigo e de conformidade co establecido no
Real Decreto 99/2011. O tribunal estará composto por un mínimo de tres membros. Todos os membros que integran o tribunal deberán estar en posesión do título de Doutor e contar con experiencia investigadora acreditada.

A tese avaliarase no acto de defensa que terá lugar en sesión pública e consistirá na exposición e defensa polo doutorando do seu traballo de investigación ante os membros do tribunal.Os doutores presentes no acto poderán formular cuestións no momento e a forma que sinale o presidente do tribunal.

O tribunal emitirá un informe e outorgará a cualificación global concedida no mesmo acto da defensa. A cualificación emitirase en termos de “apto” ou “non apto”. O tribunal poderá propoñer que a tese obteña mencións indicativas de calidade.

 

Doutoramento internacional

Para a consecución do título de doutoramento internacional teñen que concurrir as seguintes circunstancias:

  1. Que durante o periodo de formación necesario para a obtención do título de doutor, o doutorando realizara unha estadía mínima de tres meses fóra de España nunha institución de ensino superior ou centro de investigación de prestixio, cursando estudos ou realizando traballos de investigación. A estadía e as actividades incorporaranse ao documento de actividades do doutorando.
  2. Que parte da tese de doctoramento, polo menos o resumo e as conclusiónes, se redactaran e presentaran nunha das linguas habituais para a comunicación científica no seu campo de coñecemento, distinta a calquera das linguas oficiais en España. Esta norma non será de aplicación cando as estadías, informes e expertos procedan dun país de fala hispana.
  3. Que a tese fora informada por un mínimo de dous doutores pertencentes a algunha institución de educación superior ou instituto de investigación non española.
  4. Que polo menos un experto pertencente a algunha institución de educación superior ou centro de investigación non española, co título de doutor, formara parte do tribunal avaliador da tese.