No caso de que a formación previa do alumnado sexa considerada pola CAPD como incompleta para acceder ao Programa de Doutoramento, a admisión poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos.

Os complementos de formación que, no seu caso, o aspirante debe completar deberán ser concretados individualmente para cada alumno e serán establecidos pola CAPD segundo as condicións fixadas no Convenio de Colaboración educativa do Programa. Os complementos de formación deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Devanditos complementos de formación específica poderán ser de materias ou módulos de mestrado e grao e terán, a efectos de prezos públicos e de concesión de bolsas e axudas ao estudo, a consideración de formación de nivel de doutoramento. No caso de realizarse con carácter previo o seu desenvolvemento non computará a efectos do límite temporal establecido para a realización da tese. Estes créditos non computarán a efectos dos requisitos ordinarios de acceso ao Programa de Doutoramento.

No caso do Programa de Doutoramento en Equidade e Innovación educativa, os complementos de formación previstos, organízanse segundo os distintos perfís de ingreso do alumnado da seguinte maneira:

1. Nos casos de alumnado que cursou e aprobou os seguintes estudos de mestrado e/ou obtivo os seguintes títulos/cursos non se precisa facer ningún complemento de formación:

  • Mestrado en Innovación, orientación e avaliación educativa (UDC).
  • Mestrado en Investigación e Innovación en contextos educativos (UC).
  • Mestrado en Intervención e investigación socioeducativa (UNIOVI).
  • Mestrado en Educación, Xénero e Igualdade (USC).
  • Mestrado en Procesos de Formacion (USC).
  • Mestrado en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario (USC).
  • Mestrado en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (USC).
  • Mestrado en Dificultades de Aprendizaxe e Procesos Cognitivos (UVIGO).
  • Mestrado en Investigación psicosocioeducativa con adolescentes (UVIGO).
  • Solicitantes que acrediten a Suficiencia Investigadora (dun programa de doutoramento regulado polo RD 185/85).
  • Solicitantes que acrediten estar en posesión do Diploma de Estudos Avanzados (regulados polo RD 778/98).

2. Nos casos en que os estudantes procedan do: Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas, e doutros mestrados das cinco universidades deste Programa, que non acrediten materias de Metodoloxía de investigación, deberán cursar 9 créditos ECTS en Metodoloxía de Investigación, como Complementos de Formación, que deberán escoller na oferta dos mestrados universitarios en Ciencias da Educación das cinco Universidades. Na súa falta estas materias poderán cursarse entre as ofertadas nos distintos títulos de grao sempre que a CAPD o estime oportuno. Tamén poderán cursarse as mesmas noutros mestrados vinculados ás Ciencias da Educación que se poidan implantar nas distintas Universidades no futuro.
3. Para o resto dos candidatos que soliciten o acceso ao mestrado e cumpran coas condicións xa sinaladas nos apartado “Criterios de Admisión ao Programa de Doutoramento en Equidade e Innovación en Educación”, será a CAPD a que determinará a cantidade e tipo de complementos de formación que pode necesitar realizar unha vez analizada a formación previa e a súa adecuación ao Programa. En todo caso, a xuízo da CAPD, poderase propoñer aos estudantes cursar ata un máximo de 15 créditos ECTS en función do grao de afinidade do título que dá acceso ao Doutoramento.