O Sistema de Garantía de Calidade da EIDO

O Sistema de Garantía de Calidade da Escola Internacional de Doutoramento ten carácter centralizado, isto é, abarca todos os programas de doutoramento oficiais adscritos á escola, sendo o noso programa un deles.

A estrutura deste sistema está actualmente en fase de deseño e desenvolvemento.

 

Política e obxectivos de calidade

A política e os obxectivos de calidade da EIDO derivan da importancia que ten consolidar unha cultura de calidade no ámbito universitario, da súa consideración como un factor determinante para conseguir a satisfacción das expectativas formativas das súas egresadas e egresados e o do seu recoñecemento nos ámbitos académicos, profesionais e sociais nos que se integran.

  • Manter unha oferta formativa axustada ás demandas, ás necesidades e ás expectativas da sociedade, para consolidar altos niveis de calidade nos seus programas, sen renunciar aos fundamentos académicos da Universidade baseados no desenvolvemento do coñecemento, no espírito crítico e na capacidade de análise e de reflexión.
  • Alcanzar o recoñecemento no ámbito nacional e internacional da calidade docente a través da consecución das metas asociadas aos indicadores académicos, con especial relevancia nos que se relacionan coa satisfacción dos grupos de interese.
  • Facilitar a extensión da cultura da calidade e a formación continua sobre calidade do persoal docente e investigador, do persoal de administración e servizos e do alumnado, fomentando a eficacia e a continuidade dos sistemas e dos procesos a ela vinculados.
  • Asegurar a implantación, o desenvolvemento e o seguimento tanto do sistema de garantía interna de calidade como de todos os programas vinculados coa calidade que afectan a Eido e os programas de doutoramento.
  • Acadar un compromiso permanente de mellora continua como norma de conduta, e propoñer realizar as accións necesarias para o mantemento e a mellora da calidade.
  • Acreditar as titulacións vinculadas á Eido.
  • Mellorar a satisfacción do alumnado implicado na formación doutoral a través dunha atención directa e individual, que facilite o seu progreso, que evite o abandono, que mellore os seus resultados académicos e que o sitúe nunha posición de vantaxe competitiva ante a súa inserción no ámbito laboral ou de investigación.
  • Mellorar a satisfacción dos restantes axentes implicados nos programas de doutoramento, xerando un marco de confianza e de seguridade.
  • Afianzar e ampliar a rede de colaboración internacional, con especial atención no marco da eurorrexión transfronteiriza, Hispanoamérica e a comunidade lusófona, mediante a colaboración con universidades e con outras institucións de educación superior.
  • Promover a captación de estudantes internacionais.
  • Obter a certificación do deseño do sistema de garantía de calidade da Eido.

 

Manual de calidade

É o documento principal do SGC, no cal se expón a política e os obxectivos de calidade, así como o seu alcance, e a estrutura organizativa e de responsabilidades en materia de calidade. Ademais, precisa os procesos de funcionamento do SGC (e os procedementos que os describen).
Contén varios anexos, que poden evolucionar (actualizarse), de xeito independente ao manual.

Manual de Calidade
PDF (1.3MB)

 

Procedementos de calidade

Os procedementos describen os procesos de funcionamento do SGC, isto é, as actividades desenvoltas e as súas responsabilidades. Desenvolven e complementan o manual de calidade e poden incluír documentos anexos.
Incorporan referencias aos resultados e indicadores dos procesos que permiten analizar os datos para tomar as decisións oportunas.
O seu modo de xestión descríbese en detalle no procedemento «XD-01: control dos documentos».

Dirección Estratéxica (DE)

  • DE-01 Planificación e desenvolvemento estratéxico
  • DE-02 Revisión do SGC pola dirección

Xestión da Calidade e Mellora Continua (MC)

  • MC-01 Xestión de queixas, suxestións e parabéns
  • MC-02 Medición da satisfacción

Xestión dos Programas (XP)

  • XP-01 Deseño e verificación dos programas
  • XP-02 Seguimento, modificación e acreditación dos programas
  • XP-03 Suspensión e extinción dos programas

Formación dos/as investigadores/as (FI)

  • FI-01 Aprendizaxe e avaliación dos/as doutorandos/as
  • FI-02 Xestión da mobilidade
  • FI-03 Autorización e defensa da tese

Xestión Académica (AC)

  • AC-01 Admisión
  • AC-02 Atención ao estudantado e orientación profesional

Información Pública (IP)

  • IP-01 Información pública e rendemento de contas

Xestión Documental (XD)

  • XD-01 Control dos documentos
  • XD-02 Control dos rexistros

Xestión do Persoal (PE)

  • PE-01 Xestión do persoal de apoio
  • PE-02 Xestión do persoal académico

Xestión da Infraestrutura (IA)

  • IA-01 Xestión dos recursos materiais e dos servizos