Durante o seu período de formación doutoral o estudante deberá acreditar a realización de actividades formativas por un total de 48 horas obrigatorias ao longo dos 3 anos (ou 5 en caso de estudantes a tempo parcial) participando nalgunha das propostas académicas que se relacionan a continuación:

Actividade Duración Carácter Descrición
Xornada de orientación 4 horas Obrigatorio
1 no 1º ano
En sesión de mañá, o coordinador do programa organizará unha sesión informativa a través de vídeo conferencia no primeiro trimestre de cada curso académico que terá como finalidade dar a benvida aos novos estudantes así como facilitarlles detalles sobre a organización do programa.
Encontros con investigadores
(ver datas)
24 horas Obrigatorio
2 x curso
Cada encontro correrá a cargo dun IP do Programa cun proxecto de investigación en activo, vinculado ás distintas liñas do programa. Este encontro ten como meta facilitar aos doctorandos o contacto con experiencias de investigación e investigadores.
Reunión científica interuniversitaria de xóvenes investigadores
(ver datas)
8 horas Obrigatorio
1 en total
Anualmente organizarase polo menos un seminario de investigación que servirá como foro de intercambio de traballos realizados polo estudantado do programa.
Seminarios monográficos
(ver datas)
12 horas Obrigatorio
1 x curso
Anualmente organizarase un seminario monográfico coa participación dun investigador nacional ou estranxeiro de recoñecido prestixio que aborde algunha das liñas ou subliñas específicas de investigación identificadas no programa de doutoramento.
Participación en congresos científicos 30 horas Optativo Os doctorandos participarán naqueles congresos e xornadas nacionais e internacionais, recomendados pola CAPD, presentando comunicacións e/ou posters. Cada ano o programa de doutoramento fará público a listaxe de congresos que se recomendarán, incluíndo congresos nacionais e internacionais.
Estadías de investigación 240 horas Optativo Recomendarase e animará aos doutorandos a realizar estadías formativas de investigación nas distintas universidades participantes no programa de doutoramento ou noutras universidades nacionais ou estranxeiras, a fin de mellorar e ampliar a súa formación investigadora e o coñecemento de liñas e tendencias no ámbito de estudo ao que se refire a súa tese de doutoramento.

 

Actividades presenciais 2018/2019

Encontros con investigadores

La formación continua del profesorado de educación obligatoria: Análisis y valoración de la formación en curso y su incidencia en el aprendizaje de los profesores y los estudiantes

Felipe Trillo Alonso
30 de xaneiro de 2019, Universidade de Santiago de Compostela

La evaluación Formativa y Compartida en Educación Superior. Una investigación en Red

Natalia González Fernández, Irina Salcines Talledo
22 de xaneiro de 2019, Universidade de Cantabria

Violencia en las relaciones de pareja entre adolescentes: diagnóstico de situación y propuestas de acciones de mejora en el campo educativo

Sara Rodríguez Pérez
24 de xaneiro de 2019, Universidade de Oviedo

Desarrollo de competencias profesionales del maestro en formación: La enseñanza del lenguaje

Susana García Barros
23 de xaneiro de 2019, Universidade da Coruña

La pedagogía de la transición: caminando de Ed Infantil a Primaria

Silvia Sierra Martínez
29 de xaneiro de 2019, Universidade de Vigo

 

V Reunión Científica Interuniversitaria de Xóvenes Investigadores

Universidade da Coruña, 1 e 2 de xuño de 2019

Seminario Monográfico

Universidade da Coruña, 1 e 2 de xuño de 2019