Todo o profesorado do Programa de Doutoramento está en posesión do título de doutor, sen prexuízo da posible colaboración en determinadas actividades específicas doutras persoas ou profesionais en virtude da súa relevante cualificación científica ou profesional no correspondente ámbito de coñecemento.

Será factible incorporar ao programa persoal docente ou investigador alleo á propia universidade. En tal caso, a Comisión Académica do Programa de Doutoramento acreditará esta condición e garantirá os recursos necesarios para estas incorporacións debendo comunicalo á universidade.

 

Titores do programa

A admisión definitiva dun doutorando nun Programa de Doutoramento leva a asignación dun Titor, designado pola Comisión Académica do Programa de Doutoramento. Tratarase dun profesor asignado ao programa con vinculación permanente coa universidade e/ou entidade colaboradora no Programa de Doutoramento.

Con carácter xeral, o Titor terá como funcións:

  • Velar pola interacción do doutorando coa Comisión Académica do Programa de Doutoramento e, conxuntamente, co Director da tese.
  • Velar pola adecuación ás liñas do Programa da formación e a actividade investigadora do doutorando.
  • Orientar ao doutorando nas actividades docentes e de investigación do programa.

A Comisión Académica do Programa de Doutoramento, oído o doutorando, poderá modificar o nomeamento do Titor en calquera momento do período de realización do doutoramento, sempre que concorran razóns xustificadas.

A labor de Titorización será recoñecida como parte da dedicación docente e investigadora do profesorado tal e como fose regulado en cada unha das universidades participantes.

 

Directores da tese de doutoramento

No prazo máximo de tres meses desde a súa matriculación, a Comisión Académica do Programa de Doutoramento asignará a cada doutorando un Director de tese que poderá ser coincidente ou non co titor previamente referido. O Director da Tese será o máximo responsable da coherencia e idoneidade das actividades de formación, do impacto e novidade no seu campo, da temática da tese e da guía na planificación e a súa adecuación, no seu caso, á doutros proxectos e actividades onde se inscriba o doutorando.

Poderá ser Director de tese calquera doutor español ou estranxeiro, con experiencia acreditada investigadora, con independencia da universidade, centro ou institución en que preste os seus servizos. A efectos deste programa Interuniversitario, por acreditada experiencia investigadora enténdese o cumprimento dalgún dos seguintes requisitos (entendendo que os requisitos máis esixentes son os que ha de asumir -se así se acorda no convenio- este programa de doutoramento):

  • Ter recoñecido dous sexenios de actividade investigadora.

No caso de que un profesor do programa cumpra os requisitos para ser Director e Titor asumirá as dúas funcións, de ser o caso.

No caso que o Director non teña vinculación permanente coa universidade ou entidade colaboradora do programa ou non sexa profesor do programa, o programa asignará un Titor que cumpra os requisitos establecidos no Regulamento de Estudos de Doctorado da Universidade na que esté matriculado o doutorando.

A Comisión Académica do Programa de Doutoramento, oído o doutorando, poderá modificar o nomeamento do Director de Tese en calquera momento do período de realización do doutoramento, sempre que concorran razóns xustificadas.

Consulta aquí a Guía de boas prácticas para a elaboración de teses de doutoramento.