Conforman o persoal deste Programa de Doutoramento un total de 63 doutores. Deles 44 reúnen actualmente algún dos 5 requisitos propostos para acreditar a capacidade investigadora como directores de Teses. Os outros membros que se inclúen no persoal teñen en todo caso acreditado un sexenio de investigación pola CNEAI.

A súa presenza no Programa responde á necesidade de adaptación á realidade do profesorado e das Universidades de procedencia (algunha delas moi nova e cunha tradición en programas de doutoramento concisa). Precisamente esta situación de profesorado novo cun sexenio, na maioría dos casos de recente concesión, garante o seu potencial investigador e constata a súa traxectoria investigadora en desenvolvemento.

O importante número de Proxectos competitivos nos que participaron os membros deste Programa de Doutoramento, garante así mesmo a capacidade investigadora dos doutores do programa e a súa potencial excelencia.