Espazos expositivos en Vigo
This content is currently not available in English
Edificio Redeiras
Redeiras, o novo edificio institucional da Universidade de Vigo, situado na praza do Berbés de Vigo, conta entre outros, cun espazo expositivo multifuncional onde amosarlle á sociedade actividades artísticas de distinto xénero como parte do compromiso da nosa institución co fomento e coa difusión da cultura en todas as súas formas.
Edificio Redeiras
Praza do Berbés 11
36202 Vigo
Casa Galega da Cultura
A parcería que mantén a universidade co Concello de Vigo permite organizar exposicións na Casa Galega da Cultura, situada na Praza da Princesa da cidade olívica.
A Casa Galega da Cultura é un centro multidisciplinar onde se unen a programación de actividades artísticas e literarias coa existencia dun fondo bibliográfico e museográfico altamente cualificado no estudo da realidade histórica e actual de Galicia.
Na actualidade é a sede da Fundación Penzol e da Bibloteca-Museo Francisco Fernández del Riego. Conta ademais cunha sala de exposicións temporais e cun salón de actos cunha capacidade de 66 persoas, cunha sala de lectura e cunha sala para investigadoras e investigadores.
Manuel Moldes. Vieiros na memoria
«Manuel Moldes. Vieiros na memoria» é unha mostra que ten a súa orixe na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, realizada con motivo do cambio de nome da súa sala expositiva, antiga Sala X, a sala universitaria Profesor Manuel Moldes.
- Saber máis
- Datas: do 11 de marzo ao 22 de maio de 2022
- Comisaria da exposición: Sara Donoso
- Vídeo da inauguración
De luns a venres: de 18.00 a 21.00 h
Sábados: de 12.00 a 14.00 h e de 18.00 a 21.00 h
Domingos e festivos: de 12.00 a 14.00 h
Do 14 ao 17 de abril de 2022 (Semana Santa): de 10.00 a 14.00 h e de 11.00 a 21.00 h