Unha imaxe dunha conta atrás clásica de cine vai no número 7

Cinema

This content is currently not available in English

A programación artística e cultural da Universidade de Vigo inclúe diversos ciclos de cinema, proxeccións, cursos e obradoiros en que se tratan materias de interese formativo para o alumnado

Cinema en Pontevedra

Ciclo anual centrado nunha temática en concreto. Os venres dos tres últimos meses (aproximadamente) do ano, na Casa das Campás, proxéctase unha escolma de filmes de diferentes épocas que se insiren na temática do ciclo.

 

Organizado pola Asociación Cultural Novos Cinemas e Matriuska Producións, coa participación do Concello de Pontevedra e a Universidade de Vigo, o apoio da Deputación e a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e a dirección artística de Suso Novás, o Festival Novos Cinemas céntrase nas primeiras e segundas películas de novos e novas cineastas. As proxeccións compleméntanse por un programa formativo, no que se insire o obradoiro (o LAB de Novos Cinemas) no que estudantes do campus realizan unha serie de curtametraxes que se estrean na primeira xornada do festival, xunto cunha serie de encontros con profesionais do sector.

A súa programación está conformada pola sección oficial; pola sección LATEXOS, que promove a interacción entre imaxes e sons que aspiran a nutrirnos evitando calquera ortodoxia ou dogma, e pola sección Foco, monográfico adicado á obra dun cineasta en particular.

 


Cinema en Vigo

En outubro e en decembro desenvolverase a segunda edición do Ciclo de cinema: a lingua galega no cinema que organiza a Universidade de Vigo, co apoio da Deputación de Pontevedra e do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. As proxeccións terán lugar no auditorio do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (Edificio Cambón), na rúa da Oliva, 3, en Vigo. A entrada é de balde ata completar a capacidade.

 

Para máis información, podes contactar coa Sección de Extensión Universitaria:

Campus de Vigo
+34 986 813 626
extension@uvigo.gal

Campus de Ourense
+34 988 387 102
asc-ou@uvigo.gal

Campus de Pontevedra
+34 986 801 949 | 986 801 955
asc-po@uvigo.gal