Chotokoeu

Music

This content is currently not available in English

A música é unha das expresións artísticas máis precisas coas que o ser humano pode transmitir os seus sentimentos e sensacións

A aposta decidida polo talento musical, pola aprendizaxe e polo perfeccionamento, xunto co impulso á difusión, son principios que están presentes no día a día da Universidade de Vigo. 


Un local de ensaio para a comunidade universitaria

No 2006 naceu o local de ensaio da Universidade de Vigo, situado no Teatro Vidal Bolaño da cidade universitaria. É un servizo de balde e totalmente equipado co obxectivo de ofrecer aos grupos emerxentes da comunidade universitaria un espazo de calidade para ensaiaren. 


Festivais e ciclos de música

Ademais de eventos musicais xa tradicionais na nosa universidade, como o concerto de Nadal, desde o 2005 vense celebrando coa chegada de cada primavera o festival Sonora. Ademais na Universidade de Vigo celébrase tamén anualmente o festival Ensaiamos Colleita, no que a banda gañadora é recompensada cunha gravación dunha maqueta.


Formación e participación

Na Universidade de Vigo tamén atoparás cursos, obradoiros e aulas de música e baile tradicional
E, se o teu é o canto, non o dubides, anímate a formar parte do coro universitario, que ademais está presente nos campus de Pontevedra, Ourense e Vigo. 


escoitANTES

O programa escoitANTES, froito da colaboración entre a Universidade de Vigo e a Orquestra Vigo 430, consta dunha serie de sesións de escoita activa nas que poder aprender a estruturar e percibir aspectos musicais relevantes da música para o seu maior desfrute.

Comprende unha serie de clases teóricas que se complementan coa posibilidade de asistir a ensaios abertos das diferentes propostas musicais que está a preparar a orquestra. Así, cando as e os espectadores asistan aos concertos contarán cunha bagaxe que lles permitirá escoitar as pezas interpretadas facendo unha aproximación histórica, analítica e contextual.

Para máis información, podes contactar con:

Campus de Vigo   
Sección de Extensión Universitaria
+34 986 813 626
extension@uvigo.gal

Campus de Ourense
Área de Servizos á Comunidade     
+34 988 387 102 | 988 387 089
asc-ou@uvigo.gal

Campus de Pontevedra
Área de Servizos á Comunidade     +34 986 801 949 | 986 801 955
asc-po@uvigo.gal