Sonora Festival

This content is currently not available in English

Sonora é o festival das novas músicas na Universidade de Vigo

O ciclo Sonora ten lugar coa chegada da primavera para gozar do pracer de ver e escoitar os sons que fan falar as nosas emocións. Sonora pretende achegar ata o corazón da comunidade universitaria as linguaxes máis actuais e contemporáneas da música popular en calquera das súas manifestacións. Este proxecto musical, aberto e gratuíto, define unha universidade implicada na difusión das artes e da cultura.

Dende o seu nacemento en 2005, o festival Sonora enche cada ano o Teatro Vidal Bolaño da cidade universitaria a ritmo de novas propostas musicais. No Sonora mesturáronse distintos estilos ao longo das súas edicións. Acolleu no seu escenario a artistas emerxentes e consolidados como foron na edición 2018 Malandrómeda coa súa fusión, música electrónica e hip-hop e os zaragozanos Los Bengala.

Ao longo destes anos protagonizaron a edición primavera do festival Sonora artistas de renovación da música urbana como Dj Royce Rolo ou Agorazein, o proxecto de hip-hop que ten coma artífices a C. Tangana, Sticky M.A., Fabianni, Jerv.agz e I-Ace. Tamén estiveron no escenario ao longo destes anos bandas como Triángulo de Amor Bizarro e referencias da nova música galega coma Caxade.

No ano 2022, a mestura entre o post-punk, o synth-punk e as influencias da música galega de Grande Amore, sumaranse o 21 de abril á fusión orgánica entre o pop, a electrónica, o trap e o techno de Berto, a metade Verto, que logo da publicación en 2021 do seu primeiro traballo en solitario Viaxe ao espazo interior, lanzaba o mes pasado un novo E.P Bailar Chikito. Ambos os dous músicos serán os protagonistas de Sonora’2.2 que volverá encher de ritmos o teatro Vidal Bolaño de Cidade Universitaria a partir das 17.30 horas, nunha nova edición do festival. Grande Amore será o primeiro en saír ao escenario, nun concerto que pechará Berto e que será gratuíto, con entrada libre ata encher a capacidade do teatro.

Cartel do festival Sonora 2.2

Para máis información, podes contactar con:

Campus de Vigo   
Sección de Extensión Universitaria
+34 986 813 626
extension@uvigo.es

Campus de Ourense
Área de Servizos á Comunidade                 
+34 988 387 102
+34 988 387 089
asc-ou@uvigo.es

Campus de Pontevedra
Área de Servizos á Comunidade               
+34 986 801 949
+34 986 801 955
asc-po@uvigo.es