Programa actividades deportivas 2018-2019

Actualidade MuVer

This content is currently not available in English

Unha persoa muver é activa, practica deporte, gústalle viaxar, mantén hábitos saudables, gústalle a aventura, é competitiva, sabe traballar en equipo, é solidaria e busca a felicidade diariamente. E ti? Queres ser mUVer?

Abono Muver

Todas as vantaxes nun só abono. O abono muver dáche acceso ás nosas salas cardio-fitness, múltiples actividades dirixidas, acceso ás pistas de tenis, atletismo, ... e por se fora pouco descontos en programas como Augaventura e Delecer.Próbao totalmente de balde e sen compromiso do 17 ao 29 de setembro.Consulta toda a información e inscríbete no seguinte enlace.

Abono muver

Actividades deportivas 2018-2019

Durante o presente curso ofertamos diferentes actividades e programas tanto nas nosas instalacións como en instalación alleas, chegando a diversos acordos e co obxectivo de proporcionar un mellor servizo e unha oferta máis ampla ás persoas abonadas.

Actividades deportivas 2018-2019

Ruta culturais 2018-2019

Ao longo de todo o curso organízanse once rutas de sendeirismo con diversos niveis de dificultade. Dirixido a todas aquelas persoas interesadas tanto no exercicio físico en si como no coñecemento do noso patrimonio natural e arqueolóxico que, en moitos dos casos, finalizan con actividades de tipo cultural, lúdico ou gastronómico como o magosto. Estes percorridos, deseñados orixinariamente para a comunidade universitaria, amplíanse ao público en xeral no caso de que non se cubran a totalidade das prazas. Ademais, facilítase un autobús que traslada aos participantes dos campus de orixe ata o lugar de saída e regreso. Consulta os contidos de cada unha das rutas no seguinte enlace.

Rutas Culturais 2018-2019

Augaventura Outono 2018

O programa específico de actividades no medio acuático desenvólvese a través da colaboración co Campus do Mar e inclúe dúas quendas, unha en outono e outra en primavera. Mediante estas actividades, a comunidade universitaria ten a oportunidade de gozar, durante un día, de deportes no medio acuático en condicións moi vantaxosas Aos tradicionais rafting, surf, windsurf, kaiak +snorquel +andaina e flyboard engádense actividades de wakeboard, mergullo e paddlesurf. Consulta toda a información e inscríbete no seguinte enlace.

Augaventura Outono 2018

Ligas universitarias 2018-2019

As ligas universitarias permítenlle aos membros da comunidade a creación de equipos para competir ó longo do curso en diferentes modalidades: baloncesto mixto, balonmán mixto, fútbol sala feminino e masculino, fútbol 7 mixto, rugby mixto e voleibol mixto. A competición divídese en dúas fases: unha fase previa por campus e unha final intercampus entre os equipos gañadores da primeira fase.Remate prazo inscrición no campus de Vigo ata o 30 de setembro e ata o 15 de outubro nos campus de Ourense e Pontevedra. Consulta toda a información e inscríbete no seguinte enlace.

Ligas Universitarias 2018-2019