Día do Orgullo

28 de xuño

UVigo - Communication / University / UVigo - Equality 20/06/2019

As tres universidades galegas unímonos á celebración do Día do Orgullo neste ano 2019, cando se cumpre o cincuenta aniversario das revoltas de Stonewall, que supuxeron o inicio dos movementos de resistencia fronte á discriminación sexual no mundo.

As categorías que rexen a nosa mirada sexual son recentes e conceptos tales como heterosexualidade, homosexualidade, transxenerismo, bisexualidade ou intersexualidade son produtos médico-xurídicos, cuxa función principal foi ordenar e disciplinar os corpos. Porén, esta patoloxización da diversidade sexual e de xénero está pouco a pouco a desaparecer dos manuais da International Classification of Diseases (IDC) da OMS, do Diagnostic and Statistical Manual of Mental Disorders (DMS) ou das asociación médicas.

Segundo o ILGA (Lesbian and Gai Association), somos un dos países europeos máis avanzados na tutela dos dereitos LGBTQI+. As universidades galegas, como espazos científicos e humanos,  debemos «pensar con orgullo» e actuar como referentes sociais, onde diversas voces, corpos e afectos poidan desenvolverse en plenitude. #OrgulloUvigo!!, #OrgulloUSC!!, #OrgulloUDC!!

 

Máis información:

Unidade de Igualdade
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 419​
​​​​​​igualdade@uvigo.es