Xornadas de prevención e sensibilización sobre violencia sexual na mocidade

UVigo - Equality 12/03/2019

Este mes, nos tres campus da Universidade de Vigo, celebraranse varias xornadas de sensibilización e prevención da violencia sexual na mocidade. Trátase dun proxecto que organiza a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia xunto coas tres Unidades de Igualdade do Sistema Universitario de Galicia. 

As xornadas están orientadas a estudantes, medios, PAS, PDI e ao público en xeral. Son de carácter presencial e a entrada é de balde, sen precisar unha reserva previa.

  • Campus de Ourense
    Martes, 12 de marzo de 2019
    Ver programa
     
  • Campus de Vigo
    Martes, 26 de marzo de 2019
    Ver programa
     
  • Campus de Pontevedra
    Xoves, 28 de marzo de 2019
    Ver programa