
Linguistic policy
This content is currently not available in English
Aquí atoparás estudos e documentos que conforman o marco lexislativo da lingua galega na Universidade de Vigo.
Estatutos da Universidade de Vigo
O galego é a lingua propia da Universidade de Vigo. Nos seus estatutos, a Universidade de Vigo comprométese a promover, de acordo coas súas competencias, liñas de actuación que garantan o uso pleno da lingua galega en todas as súas actividades docentes, investigadoras, administrativas e de servizos.
Plan de política lingüística da Universidade de Vigo
Este documento de traballo é un diagnóstico sobre a situación sociolingüística na Universidade de Vigo, elaborado pola Comisión para a elaboración do plan de política lingüística, que foi creada polo Consello de Goberno en novembro de 2003.
Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística
A Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística (CIPL) intégrana a Xunta de Galicia e mais as universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña. Foi creada en 2009 para cumprir a medida dirixida á área do ensino que no marco do Plan xeral de normalización da lingua galega (2004) propoñía crear unha «comisión estable» que asumise a planificación e a coordinación da política lingüística universitaria en Galicia prevendo a participación nela das tres universidades galegas e mais da Administración autonómica.
Así, a devandita comisión ten como principal tarefa definir as liñas políticas de actuación na comunidade universitaria galega en materia de política lingüística, para o que se acordan pautas de actuación conxuntas en prol da dinamización lingüística e do fomento do uso do galego no ámbito universitario.
- Investigación e lingua: propostas para a mellora da presenza do galego na actividade científica. Informe sobre o uso do galego na investigación encargado pola Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística á profesora Alba Nogueira
- Campaña En galego tamén se fai ciencia (2012)
- Campaña En galego tamén se fai ciencia (2010)
- Comunicado da CIPL (2010). Consideracións sobre as bases para a elaboración do Decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia
Regulamento do uso da lingua galega na Universidade de Vigo
Co obxectivo de que a comunidade universitaria poida desenvolver a súa actividade
profesional e académica con total normalidade, o presente regulamento determina o
emprego da lingua galega na Universidade de Vigo en todas as comunicacións orais e
escritas.
Estudo sociolingüístico sobre o uso do galego na Universidade de Vigo
Esta nova análise recolle os usos e as actitudes lingüísticas na actualidade entre os
membros da nosa institución, e dá conta da súa evolución nos últimos vinte anos.
Para máis información, podes contactar coa Área de Normalización Lingüística
anl@uvigo.es
+34 986 813 574