Ao teu ritmo e sen présas: GALEGO DE TRANQUIS!
Levas tempo pensando en comezar a falar ou escribir en galego? Non te preocupes! Faino ao teu propio ritmo, cando e como queiras. Coñeces a alguén que tamén quere dar o paso? Estamos aquí para axudarvos a conectar!
O plan de MADRIÑAS E PADRIÑOS GALEGO DE TRANQUIS está activo! A través deste programa, facilitamos o contacto entre persoas que queren iniciarse no uso do galego, APRENDENTES, e aquelas que xa o dominan, MADRIÑAS E PADRIÑOS, garantindo que o proceso sexa o máis natural e cómodo posible.
Ti marcas o ritmo, escolles como e cando practicar, e tamén o tipo de apoio e correccións que prefires en cada momento.
Podes apuntarte como APRENDENTE ou como MADRIÑA ou PADRIÑO.
Entra na túa zona de confort: o galego.
Nas redes? Tamén de tranquis
Se queres empezar a usar o galego nas túas redes sociais, emprega o cancelo #GalegoDeTranquis nas túas publicacións ou na túa biografía para sinalar que estás comezando a usalo e que agradeces que a túa comunidade de seguidores e seguidoras teña paciencia contigo.
Tamén podes usar #GalegoDeTranquis para indicar que, se alguén quere falar galego contigo, pode facelo con total confianza, xa que te adaptarás ao seu ritmo e farás que o proceso sexa máis doado e agradable.
Unha campaña da Área de Normalización Lingüística
Esta é a campaña que lanzamos desde a Área de Normalización Lingüística para promover e facilitar dar o paso a iniciar a vivir en galego entre o estudantado e toda a comunidade da Universidade de Vigo.
Máis información:
Área de Normalización Lingüística
Edificio Newton
Facultade de Filoloxía e Tradución
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 574
anl@uvigo.gal