
Revitalization
This content is currently not available in English
Trátase de consolidar actitudes favorables cara ao galego, así como o fomento do emprego do galego na docencia, investigación, administración, información e representación universitaria.
Calendario del Área de Normalización Lingüística
En galego! Investigación e divulgación científica
A divulgación científica é un elo central na expansión do coñecemento. Para contribuír a esa tarefa, desde a Área de Normalización Lingüística queremos compartir coa comunidade universitaria unhas guías prácticas, elaboradas por diferentes grupos de investigación da Universidade de Vigo e destinadas especificamente para seren distribuídas e empregadas nos centros de educación secundaria.
- A saúde e os seus coidados. No Camiño Miñoto Ribeiro
- En galego 24/7. Da minoración ao neofalantismo
- Máis aló do prato. Analizando a dieta alimentaria na miña contorna
- Procesos de separación
- Para raros, os monolingües. Unha pequena introdución ao bilingüismo.
- Histoloxía para todos. O Atlas histolóxico da Universidade de Vigo.
- E ti, como repartirías? O pouco ben repartido...
- A afouteza dos signos. Aproximación ás linguas signadas.
Axudas
Premios e concursos
Premio «A lingua galega en 2050»
Co obxectivo de promover a reflexión prospectiva sobre a situación social da lingua galega a mediados do século XXI a partir de propostas ensaísticas, literarias ou de divulgación científica, a Universidade de Vigo, a través da Área de Normalización Lingüística, convoca o Premio «A lingua galega en 2050».
Esta convocatoria realízase ao abeiro do Convenio de colaboración vixente entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para a promoción da lingua galega.
Premios de poesía, relato curto e tradución literaria
A Universidade de Vigo, a través da Área de Normalización Lingüística, convoca cada ano os Premios de poesía, relato curto e tradución. Esta convocatoria realízase ao abeiro do Convenio de colaboración vixente entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para a promoción da lingua galega.
Deseguido pódense consultar as obras publicadas:
- Premios de poesía, relato curto e tradución 2024
- Premios de poesía, relato curto e tradución 2023
- Premios de poesía, relato curto e tradución 2022
- Premios de poesía, relato curto e tradución 2021
- Premios de poesía, relato curto e tradución 2020
- Premios de poesía, relato curto e tradución 2019
- Premios de poesía, relato curto e tradución 2018
Premios de ensaio e banda deseñada 2021
Desde o ano 2020 convócanse tamén os Premios de ensaio e banda deseñada 2021. Esta convocatoria realízase ao abeiro do Convenio de colaboración vixente entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para a promoción do galego.
Youtubeiros
Youtubeiras é un espazo desde o cal impulsar a creación en galego e xerar unha comunidade que medra cada día, con máis canles, contidos máis diversos e máis subscricións. Trátase dunha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, Moaña, Negreira, O Grove, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e Rianxo, das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e da Deputación da Coruña.
Para máis información, podes contactar coa Área de Normalización Lingüística
anl@uvigo.gal
+34 986 813 574