En Pontevedra e en Vigo

Mesas redondas

20 e 21 de novembro

UVigo - ANL 15/11/2019

A Área de Normalización Lingüística e a Unidade de Cultura Científica e da Innovación organizan o evento «En galego! Investigación e divulgación científica», que terá lugar a vindeira semana, os días 20 e 21 de novembro.

Trátase de tres mesas redondas nas que investigadoras e investigadores da nosa universidade reflexionarán sobre a necesidade de realizar divulgación para aumentar o coñecemento científico da poboación e o papel desta na normalización e dinamización do galego.


As citas serán:
 

Mércores 20 de novembro

  • ás 19.30 horas, no Espazo 25 da Facultade de Belas Artes de Pontevedra

Xoves 21 de novembro

  • ás 12.00 horas, na sala de reunións do edificio Ernestina Otero, campus de Vigo
  • ás 19.30 horas, na Biblioteca Pública Juan Compañel en Vigo

Podedes descargar o programa aquí.

 

Máis información:

Unidade de Cultura Científica e da Innovación
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 263
ucc@uvigo.es

 

Área de Normalización Lingüística
Edificio Newton
Facultade de Filoloxía e Tradución
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 574
anl@uvigo.es